O prato viaxeiro da CiberCaixa Mallos |
En que consiste esta actividade?
Cada fin de semana por quendas os usuarios/ as da CiberCaixa Mallos levan o prato viaxeiro a casa, un prato cunha libreta decorada polo alumnado con actividades sinxelas para facer coa familia.
Os luns escoitamos atentamente a experiencia da persoa que tivo a fin de semana o prato na súa casa. Despois o prato viaxeiro da CiberCaixa Mallos descansa ata que lle toca volver a viaxar o venres.
O obxectivo desta actividade é que o alumnado explique ás persoas coas que vive en que consiste o prato saudable e que xuntos durante a fin de semana elaboren a súa propia receita tendo en conta este prato.
No hay comentarios:
Publicar un comentario