viernes, 30 de julio de 2021

As mascotas dos Xogos Olímpicos de Xapón e os textos descritivos

Sabiades que para elixir as mascotas dos Xogos Olímpicos de Xapón que se están celebrando na actualidade organizouse un concurso público no que participaron máis de 2000 propostas? ​ O comité terminou seleccionando tres opcións finalistas e confiou a elección a unha votación entre estudantes xaponeses de primaria.

Como sabedes todas as olimpíadas están separadas en 2 edicións: 

  • As olimpíadas onde participan todo tipo de atletas  
  • As Paraolimpadas  para atletas con discapacidades físicas, mentais ou sensoriais.  
Para cada unha destas edicións resultaron gañadores os diseños de duas mascotas:
  1. Miraitowa
  2. Someity

Miraitowa

Miraitowa é a mascota dos Xogos Olímpicos  de Tokio 2020, é un personaxe que personifica tanto o tradicional como o moderno.

  

5 CARACTERÍSTICAS de Miraitowa. 

 
  1. A mascota ten un encanto anticuado que reflicte a tradición e tamén ten un toque de alta tecnoloxía e vangarda. 
  2. Miraitowa é de cor Ai (azul añil), que provén dos estampados Ichimatsu e é un tributo á mestura da tradición e da innovación da cultura xaponesa. 
  3. Miraitowa ten un forte sentido da xustiza e é moi atlético. 
  4.  A personalidade de Miraitowa está inspirada polo proverbio xaponés “Aprende do pasado e desenvolve novas ideas”. 
  5. Miraitowa é unha mascota alegre, atlética e conta cun gran sentido de integridade. Ten o superpoder de transportarse instantaneamente a calquera lugar que el queira.

A orixe do nome Miraitowa. 


O nome Miraitowa provén das palabras xaponesas mirai, que significa futuro, e towa, que é eternidade. Así, representa o desexo de que os Xogos Olímpicos de Tokio 2020 conducirán a un futuro de esperanza eterna nos corazóns de todo o mundo.

Someity

Someity é a mascota dos Xogos Paralímpicos de Tokio 2020


5 Características Someity


  1. É un personaxe xenial cun poder sobrenatural, ademais conta con sensores táctiles. Someity pode utilizar estes sensores, que se atopan en cada lado da súa cara, para enviar e recibir mensaxes telepáticamente. 
  2. Esta mascota está capacitada para voar utilizando a súa capa co estampado Ichimatsu e mover obxectos sen tocalos.
  3. Someity adoita estar acougada, con todo, vólvese moi poderosa cando é necesario. Ten unha forza interior digna e un corazón amable que ama a natureza. Pode falar con pedras e o vento.
  4. Someity ten unha personalidade tranquila, grazas á súa gran forza interior, pero pode facer gala duns superpoderes que encarnan a dureza e a determinación dos deportistas Paralímpicos.

A orixe do nome Someity. 


O nome Someity vén dun tipo de flor de cerdeira chamada Someiyoshino e combínase coa expresión en inglés so mighty (moi poderoso). Someity é capaz de mostrar unha gran forza mental e física, que representa ao atleta Paralímpico que superou obstáculos e redefiniu os límites do posible.


AGORA imos coñeceros textos descritivos. 

Texto descritivo, an interactive worksheet by sara_prof
liveworksheets.com





Texto descritivo, an interactive worksheet by sara_prof
liveworksheets.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario