Continuamos cos puntos e círculos pero estes son moi diferentes aos de Yayoi Kusama como ides poder ver no seguinte vídeo:
Nunca pensei que unha historia protagonizada por un grupo de puntos puidese emocionar tanto, aínda que quizais se deba a que son unha persoa sensibilizada co mundo que nos rodea, o da miseria, o do voluntariado, o das riquezas mal repartidas e o do que mira só o seu propio embigo…
Esta é unha historia de dous mundos, o dos pobres e o dos privilexiados e de como un deles, o dos pobres, pide auxilio.
Finalmente, a solución que nos conta "Son un punto" radica en que os países privilexiados axuden a prosperar aos pobres: ensinándolles a pescar; axudándolles a facer hortos e sobre todo cooperando xuntos nesa aprendizaxe.
Nesta ocasión o que imos facer é analizar esta historia "Son un punto" que relacionaremos cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
A axenda 2030 consiste nun plan de acción para as persoas, o planeta, a prosperidade, a paz e o traballo conxunto... Esta ambiciosa axenda proponse acabar coa pobreza de aquí a 2030 e promover unha prosperidade económica compartida, o desenvolvemento social e a protección ambiental para todos os países.
A Axenda 2030 comprométenos a todos, incluídos os centros educativos e os propios nenos e nenas.
Con todo, hai miles e miles de xestos que están nas nosas mans para cambiar e lograr ser persoas solidarias, tolerantes e que constrúan unha sociedade inclusiva onde caibamos todos sen importar raza, cor, relixión ou a capacidade económica.
Á fin e ao cabo todos compartimos dúas cousas fundamentais: A TERRA, QUE É O NOSO LUGAR DE RESIDENCIA E A CONDICIÓN DE SERES HUMANOS.
E aquí está a actividade escrita que ides facer:
Soy un punto, an interactive worksheet by sara_prof
liveworksheets.com
liveworksheets.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario