miércoles, 23 de junio de 2021

Domingo 27 de Xuño *Dia do Deporte na Cidade da Coruña*

Bitmoji Image

Coñecido anteriormente como o "Día do Deporte na Rúa", o Concello recupera este evento co fin de fomentar a práctica deportiva, neste caso, de máis de 60 especialidades. 

Entre elas está o voleibol que como vedes na seguinte imaxe poderá practicarse en Riazor 


 A xornada festiva desenvolverase das 11.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas nos seguintes puntos 


A cada inscrita/o se lle entregará un "Carnét do Deportista" que se irá selando en cada un dos nove puntos de actividades se a/o participante supera a actividade nun tempo prudencial e con respecto ás normas establecidas polo organizador en cada punto. Para fomentar a participación en todas as zonas e actividades, e non só nas que tradicionalmente se contan como maioritarias, algunhas actividades valerán dous selos. Ao completarse a primeira fila con tres selos, cada participante recibirá unha camiseta e poderá participar nun sorteo de agasallos. Por cada fila completada, poderá optar a un novo sorteo con mellores agasallos. O resultado do sorteo publicarase na web municipal de Deportes www.coruna.gal/deportes e comunicarase telefonicamente ás galardoadas e galardoados.:

A QUEN VAI DIRIXIDO:

Para público en xeral

CANDO:

27/06/2021

HORARIO:

Horario de mañá

11:00 a 14:00 h.

Horario de tarde

16:00 a 19:00 h.

ORGANIZA:

Servizo Municipal de Deportes

CONTACTO:

MAIS INFORMACIÓN:

FOLLETO - DIA DO DEPORTE NA CIDADE (3 MB)

PROTOCOLO COVID - 19 DIA DO DEPORTE NA CIDADE (95 KB)

No hay comentarios:

Publicar un comentario