No mes de abril trouxemos a natureza á CiberCaixa Mallos cun conto que escribiu con 11 anos Xela Arias, a homenaxeada deste ano no Día das Letras Galegas.
Debuxamos e pintamos un mural sobre este marabilloso conto "A fraga sobre os paxaros faladores e a fraga leopardicia" e o enviamos as Bibliotecas Municipais da Coruña @bibcoruna que organizan esta actividade.
Durante as derradeiras semanas de abril a fraga veu a nós, xa que plantamos xeranios, un froiteiro, pementos e amorodos. Tamén recibimos a visita duns vermes de seda, unha xoaniña e unha bolboreta. E desde o cole mandáronnos estudar o reino dos animais co que fixemos un esquema sobre os invertebrados.
Finalmente,terminamos este achegamento á natureza celebrado o Día da Terra cantando e coñecendo tres palabras máxicas: reducir, reutilizar e reciclar.
Tal como sucede no conto, nós tamén fixemos a nosa pequena viaxe pero eleximos un helicóptero que nos ensinou a construír a NASA, porque parece que en Marte produciuse o primeiro voo controlado e con motor dunha aeronave noutro planeta, pero esa é outra historia...
E todo isto sucedeu no mes de abril da man da escritora galega Xela Arias e a nosa biblioteca favorita a Biblioteca Municipal de Monte Alto:
No hay comentarios:
Publicar un comentario