lunes, 24 de mayo de 2021

É mellor ser coma os demais ou ser orixinal? Contacontos en liña

bean bag chair chill

Acordádesvos do conto Eu vou comigo? Agora imos coñecer a visión de Martín, o mozo que lle gusta á moza diferente. 

Primeiro escoitade  o conto "Yo soy" escrito por Raquel Díaz Reguera aquí:

 

Os obxectivos fundamentais deste obradoiro son:

1) Favorecer o coñecemento dun mesmo/a e o desenvolvemento dunha estima por un mesmo (autoestima) positiva. 

2) Desenvolver no alumnado a capacidade para percibir e identificar manifestacións sexistas ou discriminatorias nas situacións cotiás da vida

fuente-de-jurassic-world

Despois podedes facer as fichas interactivas cando traballedes en liña na casa:

Aquí podedes practicar a comprensión lectora. Escoitade con atención o conto!


Nesta ficha interactiva propóñense actividades e dinámicas sobre o conto 


fuente-de-jurassic-world

Tamén propoño esta actividade onde podedes pintar e observar os cambios do protagonista da historia e ademáis poderedes recortar algúns elementos característicos de Martín.

Preparados/as?

  




Este é o noso taboleiro. Creado para realizar as dinámicas grupais


Por último, rematamos este obradoiro  escoitando música

Recoñecedes que canción é? 

Trátase de "Son eu" do grupo Bomba Estéreo.

Ten 1 mensaxe xenial que deberedes pescudar🔕 sen escoitar a letra🔕da canción polo que  vos vou  pedir que vexades o vídeo 🔕  sen volume  🔕para que imaxinedes de que trata a canción e posteriormente facilitareivos a letra. 

Que vos parece a canción?

💙💚💛💜💓E ti, usas as túas ás?💙💚💛💜💓

No hay comentarios:

Publicar un comentario