viernes, 5 de marzo de 2021

Mafalda Soto Valdés, a paixón, a perseveranza e a paciencia son as mellores armas para crear un mundo mellor.

 fuente-de-super-mario

Bitmoji Image

Mafalda é unha farmacéutica especializada en Medicina Tro­pical.

Dedícase en corpo e alma a mellorar a calidade de vida das persoas con albinismo en África.

Seriamos capaces de poñernos na súa pel?
Debido a factores xenéticos, as persoas con albinismo carecen parcial ou totalmente de capacidade para producir melanina. Sofren problemas de visión e son propensas ao desenvolvemento de cancro de pel. 

Ademais destes retos físicos aos que se enfrontan, no África subsahariana son discriminadas e rexeitadas socialmente. En Tanzania a situación é aínda máis dramática, as supersticiones contémplanos como fonte de ingresos en rituais de maxia negra, polo cal son asasinados e mutilados.

Mafalda traballou para combater este sufrimento, primeiro en Malaui e logo en Tanzania. 

Así creou o primeiro fotoprotector especialmente deseñado para a prevención do cancro de pel nas persoas con albinismo de África Subsahariana, Kilisun. Para concienciar e recadar fondos cos que levar a cabo os tratamentos coas súas cremas fotoprotectoras, crearon Tumaini, un conto sobre valores que relata a historia dun neno con albinismo decidido a subir o Kilimanjaro para apagar o sol que sabe que lle terminará queimando e acabar así co sufrimento da súa nai. (Podedes ver este conto ao final desta entrada)

 Elixida “ Champion on Albinism” polas Nacións Unidas en 2015 e “ Gamechanger” por Unltd Spain en 2016, Mafalda é unha optimista convencida de que é necesario desafiar o status quo para contribuír á solución a retos sistémicos; e que a paixón, a perseveranza e a paciencia son as mellores armas para crear un mundo mellor.


Respostaremos estas preguntas que empregamos cada vez que analizamos o talento dunha persoaxe e mais abaixo tedes o resumo do conto Tumani co que poderemos profundar no tema do albinismo.

fuente-de-toy-story

fuente-de-toy-story

fuente-de-toy-story



No hay comentarios:

Publicar un comentario