Buscamos os cinco polbiños nados en catividade na Coruña
🐙O Aquarium Finisterrae mostrou por primeira vez nun acuario público hai unhas semanas cinco polbiños nados en catividade, que seguen a medrar na sala Maremagnum. Nas ligazóns de abaixo o aquarium cóntavos a súa historia. 🐟🐠🐙
Esta investigación faina o Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) en Vigo e o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo.
Esta noticia do aquarium pareceume xenial como argumento dun xogo. A partir de aquí o que conto é unha ficción, é dicir, non é realidade. Trátase dun xogo, un escape room no cal debedes completar unha serie de probas que están preparadas para ser resoltas por vós grazas á observación, atención, concentración, enxeño, memoria...
Como vades ver o xogo «MERGÚLLATE NO MAR» plantexa varios retos. pero tedes que estar moi atentos á información que vos ofrece o Aquarium Finisterrae, tanto no vídeo como na noticia sobre os polbiños.
Despois de ver o vídeo e ler a noticia poderedes xogar.
O argumento do xogo comeza cando os hackers atacan o computador que controla o estanque. Os polbiños quedan encerrados nunha gaiola. Para liberar aos polbos necesitades un contrasinal. Teredes que axudar ás científicas e os científicos a atopalo. Sorte!!! Os polbiños agardan!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario