O texto que vos propoño ten o obxectivo de practicar a oralidade en galego, como pedistes, pero tamén me parece interesante que coñezades diferentes manifestacións culturais de Galicia.
O 29 de maio de 1814 foi a primeira vez que un globo
aerostático se lanzou na vila de Betanzos, en honor do retornado rei Fernando
VII. Desde entón, a vila continuou elevando aeróstatos en ocasións puntuais e
especiais: festas, visitas reais... Pero non sería ata 1875 cando, da man de
don Claudino Pita Pandelo, comezou a elevarse o monumental globo de Betanzos
anualmente nas festas de mediados de agosto.
As súas medidas (25 metros de altura por 50 de circunferencia)
fan del o globo de papel máis grande do mundo. Si, si, leu vostede ben: está
confeccionado en papel, recortado en láminas de 50 centímetros e pegado con
engrudo de fariña de centeo. Ademais, sen lugar a dúbidas, é o que máis persoas
reúne no momento de levantar o voo: na betanceira Praza do Campo reúnense cada
ano máis de 50 000 persoas, dispostas a ver como o xigante de papel se eleva
sobre as súas cabezas, e a ler os chistes que adornan os seus 16 cuarteiróns.
Pero para os betanceiros, ver a elevación do globo non é un
simple espectáculo de masas: é máis ca iso, é un sentimento inexplicable, unha
mestura de emocións indescritible que fai da noite do 16 de agosto un dos
acontecementos máis sinalados do calendario.
http://www.geocities.com/betanzosvirtual/globo.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario