Hoxe animámonos a volver á cociña e puxémonos ao choio cunha receita de panqueques que nos encantou elaborar.
Primeiro os facilitamos a receita. É o noso segredo (shhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhh)
FONTE: "MIS PRIMEROS LIBROS DE COCINA: COSAS PARA FIESTAS" Ed. Anaya
En segundo lugar, mostrámosvos os nosos mellores momentos da elaboración da receita:
E por último, aquí tedes moita información, imos facer unha longa viaxe para coñecelo todo sobre eles. Animadesvos?
DE QUEN VEÑEN SENDO?
As crêpes son un prato, salgado ou doce, típico dunha zona de Francia: a Bretaña. As filloas, que tamén poden prepararse con ou sen azucre, o son de Galicia, en España. Esas dúas rexións, ámbolos dous pobos, teñen unha cousa en común: a súa orixe celta. De modo que poderiamos estar ante unha receita moi antiga, cuxo orixe sería o mesmo pero modificada co tempo.
CALES SON OS INGREDIENTES ESENCIAIS?
Os ingredientes tivéronos os europeos desde tempos afastados: trigo, ovos e leite.
HAI ALGUNHA DIFERENZA ENTRE FILLOAS E CREPES?
Hai que destacar que existen versións destas tortitas que substitúen o leite por caldo.Tamén teñen outra diferenza. Os bretóns, e os franceses en xeral, frítenas en manteiga. Os galegos utilizan como graxa para fritilas un anaco de touciño branco que pican nun garfo e logo fregan na tixola.
FAISE EN MAIS LUGARES?
Siiiiii!! EEUU, Rusia, Polonia, Ucrania, Eslovenia, España, Francia, Uruguai, Argentina, Venezuela, ...
O panqueque -do inglés " pancake"-, tamén se adoita chamar en Estados Unidos " hotcakes, griddlecakes, ou flapjacks". O máis popular é o cuberto con xarope de arce, pero hai outras variantes, con licores, froitas, crema batida, crema pasteleira, chocolate, caramelo, crema inglesa, compotas e marmelada que xeralmente se serven mornos no almorzo.
PERO, ... CANTOS NOMES TEN?
Moitos!!!
En Rusia, Polonia, Ucraína e Eslovenia son chamados blinis, existen desde tempos inmemoriais e constituían un símbolo do culto ao Sol. A masa base contén leite, manteiga, ovos, fariña, po para enfornar, azucre e nalgúns casos tamén unha especia, esencia ou extracto como a canela. Cómense a calquera hora do día, xa sexan doces ou salgados e recheos de carnes. Os blinis tamén serven como base para diferentes tipos de peixes afumados ( arenque, salmón, troita, esturión); con crema agre e ovos de peixe, e acompáñanse con vodka, champagne ou viño branco.
En Sudamérica coñéceselles como panqueques a un tipo de crêpe, unha masa delgada que pode ter un recheo doce, como marmelada ou o típico doce de leite, ou pola contra se son salgados poden ser recheos de pito con crema, espinacas, carne, etc., e sérvense como entrada, prato principal ou sobremesa.
En España coñécellas como tortitas, e panquecas particularmente en Venezuela.
Existe O Día do Panqueque?
Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii
É o famoso " Pancake Day", unha festa de orixe relixiosa que se celebra o martes de entroido antes do comezo da Coresma no Reino Unido. Segundo cóntanos a historia, desde 1445, nese día no pobo británico de Olney, as mulleres maiores de 18 anos participan nunha carreira na que portando un mandil e un pano na cabeza e cunha tixola na man, percorren varios metros. No comezo da carreira, as corredoras deben dar unha volta no aire ao panqueque; e, ao chegar á meta, outra volta máis. Estas carreiras que son de balde, teñen fins benéficos e son moi divertidas e nalgúns casos os concursantes van disfrazados.
Fonte: El País de Uruguai
No hay comentarios:
Publicar un comentario