A Cibercaixa Mallos organizou un taller sobre filosofía para nenos/as que busca fomentar e conservar nos nenos/as a actitude que teñen en común os filósofos coa infancia: a curiosidade por todo o que lles rodea e o non dar nada por sentado. A inacabable cadea de preguntas ?E por que? E por que? E por que?? que caracteriza unha determinada etapa do desenvolvemento do neno/a convértese en modo de vida para o filósofo/a, e esa é a actitude que se busca salvagardar.
Esta é a selección de libros que facilitounos a Biblioteca Municipal de Monte Alto para este taller de lectura



No hay comentarios:
Publicar un comentario