viernes, 29 de abril de 2016

A CiberCaixa recita poemas de Manuel María

A CiberCaixa empeza en abril  a celebrar  o  Día das Letras Galegas cun mural  con poemas do escritor homenaxeado  e manualidades realizadas polos nenos/as da CiberCaixa. Dito mural  expoñerase no Centro Cívico Os Mallos no mes de maio .

Poema e manualidade  O arco da vella



















Poema  e manualidade O Caracol



       DEBUXOS O BIGOTE DE MIMI               POEMA E MANUALIDADE  ROSAS

Nestes obradorios adicados a coñecer a figura e a obra de Manuel María realizaronse diferentes actividades online. Ademáis, recitáronse poemas de Manuel María dos libros A luz resucitada;  Os soños na gaiola e As ruas do vento ceibe. Os pequenos/as da CiberCaixa  leron O Bigote de Mimi escrito polo autor homenaxeado e fixeron debuxos e manualidades  relacionadas co conto.


 
            POEMA MAPA DE GALICIA con debuxo  E POEMA SOL con manualidade   

          
            POEMA BOLBORETA con manualidade E POEMA Lúa con manualidade   


E por último, outra das  manualidades que se fixeron nestes obradorios  representa a Manuel María, os rapaces chamárono  Manolo María. Esta marioneta  leva as  cores de Galicia (branco e azul), as palabras na boca e unha pluma de escritor na súa man esquerda. Tamén ten  corazóns vermellos coa grafía "G" de Galicia  e palabras coma  tatuaxes nos  seus brazos e nas súas  pernas.


No  seguinte vídeo podedes ver a marioneta en acción:





COÑECEMOS A MANUEL MARÍA

Manuel María ofrece un perfil moi enfocado á poesía, un eido no que está considerado unha voz fundamental na segunda metade do século XX, aínda que tamén cultivou outros xéneros, especialmente o teatro e as narracións infantís. 

Ademais, Manuel María foi un activo promotor da cultura galega. Percorreu todo o país -así como a emigración- coa súa participación en recitais e charlas, tivo unha faceta de editor e tamén política, ámbito na que exerceu como concelleiro.

Coa súa escolla a Academia homenaxea a un autor de múltiples vertentes literarias, na que destaca a poética, culto e popular a un tempo, e coa que espera que arredor da celebración do 17 maio se desenvolvan numerosas actividades a prol da normalización do galego, arela na que tanto insistiu o propio Manuel María.

ACTIVIDADES ONLINE 








No hay comentarios:

Publicar un comentario