Os Quiet Critters viven nun bote tapado na mesa
da profe. A
súa casiña ten que estar sempre pechada porque os Quiet
Critters teñen moito medo ata do son máis baixo. 🤫
Só poden saír do bote se hai silencio total na aula
Esta é a casiña das Criaturas Silenciosas
Nestes postit
contámosvos todo o que pescudamos das criaturas. As Criaturas Silenciosas teñen nome e cada usuario/a ten a súa.
Non pensedes que só elas nos axudan a nos coa concentración e a xogar tranquilos. Nos ensinamoslles matemáticas e a estar felices. Ademais, encántalles sentar nas mesas do alumnado para observar e aprender dos nenos/as. Non lles importa que lles dean palmadiñas, pero asústanse se alguén os colle ou tenta xogar con eles. Se o alumno/a é demasiado ruidoso ou comeza a xogar con eles, Quiet Critter móvese alén do seu escritorio. Se continúan facendo ruído, regresan a súa casiña. Ao final de apoio escolar quen teña un Critter no seu escritorio pode ter puntos, ainda que ás veces, simplemente ter a Quiet Critter na nosa mesa xa é unha recompensa suficiente
Neste vídeo podedes ver o ambiente na CiberCaixa Mallos cando veñen as Criaturas Silenciosas.
FESTA FESTA FESTA
Pero na CiberCaixa tamén nos gustan as festas, os disfraces e facer moito ruído. Así que polo Samaín organizamos unha festa con conxuros, maquillaxe, manualidades e xogos...
Aquí deixámosvos un vídeo e algunhas imaxes dos nosos momentos neste mes de outubro: