A ansiedade e a tensión non só afectan os adultos; de feito, son cada vez máis os nenos e nenas que presentan alteracións na conduta que, do mesmo xeito que nos adultos, responden a situacións que lles xeran ansiedade ou medo.
Neste taller mediante as técnicas de relaxación axudamos ao desenvolvemento da súa intelixencia emocional e, ao mesmo tempo, inculcámoslles hábitos saudables que poderán poñer en práctica ao longo da súa vida.
Nun primeiro momento visualizamos esta animación para comprender a
importancia que ten na nosa vida diaria aprender a relaxarnos :
Despois de visualizar a animación realizaremos XOGOS ONLINE para comprender como xestionar as emocións:
Por último, explícaselles e facilítaselles uns recursos para aprender diversas técnicas de relaxación:
Recursos para aprender a respirar e practicar a relaxación:
Nesta animación temos un recurso para aprender a relaxarnos.A proposta iníciase cunha
animación protagonizada por un inquieto personaxe que se desliza dun
lado a outro sobre uns patíns e comenta que sente nervios e non ten ganas de
facer os deberes porque non logra concentrarse. De súpeto, interrompe o seu ir
e vir desenfreado e decide poñerse a pintar un debuxo centrado coa intención de
que a axude a acougarse e a centrarse.
Os seguintes recursos son tres vídeos que constituen un bloque chamado "Pequenas Relaxacións" que ten por obxectivo que os nenos e nenas coñezan e practiquen diferentes exercicios de curta duración (2 minutos aprox.) para aprender a relaxarse e que os poidan realizar sempre que o consideren conveniente.
RESPIRACIÓN: https://www.educaixa.com/-/pequenas-relajaciones
RELAXACIÓN MUSCULAR: https://www.educaixa.com/-/pequenas-relajaciones-musculares